Comarcas

A UE recoñece a xestión dos fondos europeos da Deputación con unha nova inversión de 1,3 millóns

A Unión Europea (UE) ven de recoñecer a laboura da Deputación de Pontevedra na  xestión de fondos europeos e, en consecuencia, realizará unha nova inversión de capital na institución provincial por valor de 1.352.461 e, segundo anunciou este martes o presidente do organismo provincial.

Rafael Louzán, indicou que esta nova aportación será empregada en proxectos de creación de emprego e reactivación da economía na provincia, “a UE realizou o reparto destes novos fondos en base aos resultados dos proxectos de desenvolvemento local e urbán das entidades locais que recibiron axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no periodo 2007-2013”.

Segundo informou o Ministerio de Fazenda á Deputación de  Pontevedra, a devandita cantidade procede de que a cifra inicialmente concedida ao proxecto Wimax, de desenvolvemento tecnolóxico rural, pasa dos 4.685.707 €  iniciales, a ser de 5.158.453 €; e a cantidade otorgada para o proxecto Pousadas, de recuperación medioambiental e fomento de emprego rural, pasa dos 6.158.007 inicialmente concedidos a 7.037.722 €.

Elo supón un ‘plus’ de 472.746 € no primeiro caso, e de 879.715 no segundo, que suman os 1.352.461 €concedidos agora á Deputación de Pontevedra en recoñecemento da súa boa xestión dos anteditos proxectos.

No periodo 2007-2013, a Deputación captou 28,7 millóns de euros dos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), sendo a institución galega que máis financiación recibeu. Na primeira convocatoria, foronlle concedidos 10,8 millóns dos proxectos Pousadas (6,1) e do Wimax (4,6). Na segunda convocatoria dos citados fondos, a Deputación obtivo 17,9 millóns a través dos proxectos Depo Tic (11,3 millóns), Depo Gap (8,7) e Depo Deza (5,6).

Só neste periodo 2007-2013, segundo fontes do organismo provincial, os proxectos desenvolvidos pola Deputación de Pontevedra con fondos UE permitironlle á Deputación provincial crear 583 empregos (211 directos e 372 indirectos), impartir 49.460 horas en 114 cursos para desempregados e formar a 14.074 personas.

A captación de fondos europeos por parte da Deputación de Pontevedra non se ciñe só aos Fondos Feder, senón que a institución provincial acadou tamén outras importantes cantidades procedentes doutros programas como o Fondo Social Europeo (Aquelando), de valorización da cultura marítima ou do emprego.

 

También te puede interesar