Vigo al minuto

Comerciantes e veciños do Casco Vello rexeitan que o local de ‘Sereos’ volva ao barrio histórico

Comerciantes, hostaleiros e veciños do Casco Vello de Vigo manifestaron o seu rexeitamento a que a unidade de atención a persoas en risco de exclusión, sen teito e drogodependentes do programa ‘Sereos’ volva instalarse no barrio, tras o peche do local da rúa Elduayen por parte do Concello.

Os veciños apuntaron que, malia estar de acordo coa necesidade de prestar servizo aos máis vulnerables, nin o local da rúa Elduayen nin o ámbito do albergue de Marqués de Valterra “reúnen as condicións necesarias para atender esas persoas». En relación con este tema, lembraron que a localización deste tipo de dispositivos de atención debe ter en conta non só a calidade asistencial senón tamén a “interacción con outros colectivos cidadáns especialmente sensibles».

Por este motivo pediron aos grupo políticos locais que cheguen a un acordo que garanta a “atención de personas con problemas de dogradicción” proporcionándolles “un dispositivo de asistencia axeitado”.

Hai que lembrar que o pasado 1 de agosto, o Concello pechou o local de Elduayen e, malia as protestas e á petición de explicacións por parte da oposición e do colectivo de autoaxuda ‘O Imán’, o goberno local non aclarou as causas do peche. Dende ese momento, a atención aos usuarios do programa ‘Sereos’ faise nunha unidade móbil instalada na zona de Beiramar.

O Imán’, que promoveu varias protestas para que se reabrise o local de Elduayen,  pediu aos tres grupos políticos con presenza na Corporación viguesa que manteñan un «debate transparente e cheo de verdade» no pleno do próximo luns, cando se abordará unha moción do PP sobre esta cuestión.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.