Galicia

Seguen activos os lumes de Boiro e o Caurel

Fotografía: Pily Reñones

Segundo a Consellería de Medio Rural, o lume rexistrado no concello coruñés de Boiro, parroquia de Macenda, que tamén afecta ao concello de Lousame, parroquia de Tállara, permanece controlado dende o sábado – ainda que non foi extinguido. O mesmo  comezou pasadas as 4 da tarde do xoves e a superficie afectada -segundo estimacións provisionais – é de 450 hectáreas de monte arborado. Nos traballos de extinción levan participado 3 técnicos, 34 axentes forestais, 72 brigadas, 32 motobombas, 5 pas mecánicas, 9 helicópteros e 10 avións. Tamén traballaron na zona efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Tamén segue controlado dende as 9 da noite do sábado – e tampouco extinguido – o incendio do concello lucense de Navia de Suarna, parroquia de Rao, cunha superficie afectada –segundo últimas estimacións provisionais – de 280 hectáreas, das cales 180 son de superficie rasa e 100 de arborada. O lume comezou ás 7 da tarde do xoves e na súa extinción levan traballado 2 técnicos, 25 axentes forestais, 82 brigadas, 25 motobombas, 3 pas mecánicas, 5 helicópteros e 7 avións.

Pola súa banda, o lume que se rexistrou este domingo ás 9 da noite no municipio pontevedrés de Pontecaldelas, parroquia da Ínsua, permanece controlado dende a madrugada deste luns e a superficie afectada é de arredor de 20 hectáreas. Nos traballos de extinción participan 6 axentes forestais, 13 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.

O incendio rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia homónima, quedou extinguido ás 10  desta mañá. O lume – que se iniciou onte ás 6 da tarde do domingo,  afecta unha superficie provisional estimada de 26,91 hectáreas, das cales 2,11 son arboradas e 24,8 de monte raso. Nas labores de extinción traballaron 1 técnico, 5 axentes forestais, 16 brigadas, 6 motobombas, 2 pas mecánicas, 6 helicópteros e 12 avións.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.