Galicia

Sen problemas nas estradas galegas nas últimas horas da ‘Operación volta de vacacións’

As últimas horas da ‘operación volta de vacacións’ transcorren con normalidade nas carretas galegas este domingo, xornada na que non se produciron incidencias salientables en ningún punto da rede viaria galega.

Segundo a Dirección Xeral de Tráfico, a circulación non presentou complicacións durante todo o día e que “só se agardan dificultades nos puntos habituais” como a entrada ás cidades ou a saída das praias.

Segundo indicaron, o maior volume de vehículos nas estradas de Lugo produciuse dende as 8.00 ás 12.00 horas; mentres que en A Coruña a previsión é que se de máis circulación de 18.00 a 23.00 horas; e en Ourense de 20.00 a 22.00 horas.

En canto a posibles puntos concretos nos que pode haber dificultades de circulación, as mesmas fontes sinalaron que estes adoitan ser a conexión da A-52 á A-55 na provincia de Pontevedra, e o enlace da N-634 coa A-8 en Lugo. Así mesmo, poderán darse casos de tráfico intenso a última hora deste domingo nas entradas das principais cidades galegas, como A Coruña; Ourense; Pontevedra ou Vigo.

 

También te puede interesar