Galicia

#ardegalicia

Fotografía: Pily Reñones

A provincia de Ourense rexistrou numerosos incendios ao longo de toda a súa xeografía, como o que  comezou preto do Parque Tecnolóxico de Galicia. Este lume, que se iniciou nos montes de Figueiredo (Taboadela), estendeuse a toda a zona limítrofe, entre os concellos de Paderne e Taboadela. Quedou controlado, segundo fontes da Xunta pasadas as 6 da tarde de onte, ainda que non está extinguido.

Nel traballan dous axentes forestales, catro camións motobomba, dous hidroavións, varias avionetas de carga en terra, cinco helicópteros e dez brigadas, entre elas as helitransportadas desde as bases de Marroxo e Laza.

Ademais, antes das 2 da tarde, comezou un lume en Batán  – Baños de Molgas –  case no mesmo lugar onde a semana pasada rexistráronse outros incendios, e quedou controlado preto das 5, segundo a Xunta, tralo traballo dun axente forestal, catro brigadas, dous camións motobomba, dous hidroavións, tres avionetas de carga en terra e un helicóptero.

Outros incendios rexistrados na provincia de Ourense expandíronse desde a cuneta da estrada que une Ourense e Trives, antiga nacional 120, e un máis na serra Martiñá. O primeiro comezou en Vilariño Frío  – Montederramo – e na súa extinción traballaron tres brigadas, tres camións motobomba, un helicóptero e dúas avionetas de carga en terra. O segundo afectou a unha zona habitual cada ano nos registros de incendios, na zona montañosa de San Cristovo de Cea, nos montes de Vales, segundo datos do Goberno galego.

A eles súmanse, os de Oia –O Rosal, que está controlado, pero non extinguido, dende onte ás 6 da tarde ,-logo de arrasar unhas 3.000 hectáreas – o de Palmeira, que deuse por estabilizado onte e que queimou preto de 200 hectáreas, e os de Gondomar, Tebra e Tui, que seguen activos.

 

También te puede interesar