Cultura

Traballo aproba axudas de ate 8.000 € pola contratación de personas con minusvalidez

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a convocatoria para acceder ás subvencións da Consellería de Traballo e Benestar de 1,3 millóns de euros destinados a incentivar a contratación de persoas con minusvalidez na empresa ordinaria e a financiar o emprego con apoio, como medidas de fomento de postos de traballo para este colectivo. Traballo prevé incentivar a contratación de persoas con minusvalidez na empresa ordinaria con axudas de ata 8.000 €.

Este programa recolle ata catro tipos de liñas de financiamento, é dicir, subvención pola contratación indefinida, indefinida de traballadores con minusvalidez dun enclave laboral, temporal, e contratación de persoas con minusvalidez no marco de proxectos de emprego con apoio.

Os empregadores e as empresas que contraten con carácter indefinido a persoas con minusvalidez desempregadas no momento da contratación ou procedentes de centros especiais de emprego poderán obter unha axuda mínima de 3.907 € se é unha traballadora e de 5.107, se se trata dunha muller.

A esta contías pódenselles sumar diferentes incentivos adicionais, como 1.000 € no caso de que a contratación de persoas con minusvalidez con especiais dificultades para a súa inserción laboral; 500 € no caso de ser traballadores procedentes de centros especiais de emprego; 500 € se as empresas teñen 49 empregados ou, en caso de contratacións, para prestar servizos en centros de traballo dun concello rural; así como 902 € pola adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais ou por eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo.

Deste xeito, a contratación fixa dun home poderá contar con incentivos que oscilan entre os máis de 3.900 e os 6.800 €; mentres que a dunha muller se sitúa entre máis de 5.100 e 8.000 €. Se a contratación é temporal, o incentivo por home está entre os 2.000 e os 4.000 €; e o dunha muller, entre 2.600 e 4.600 €.

 

También te puede interesar