Cultura Vigo al minuto

Co derrubo do restaurante ‘ El Castillo’ a fortaleza de O Castro queda toda á vista por primeira vez en 150 anos

O restaurante será derribado os vindeiros dous meses/Tresyuno Comunicación

Por procedemento negociado e con publicidade, o goberno de Vigo vén de adxudicar as obras de derrubo deste antigo restaurante, por 128.000 €, a realizar nos meses de setembro e outubro. Informou o alcalde que se procederá á retirada da edificación completa, os muros de contención e a terraza exterior, e se habilitará unha zona verde e un paseo. O obxectivo é descubrir «toda a perimetral da fortaleza», que quedará «toda á vista por primeira vez en 150 anos».

Ao mesmo tempo, o Concello adicou 350.000 € para melloras no axardinamento e nos estanques, para reparar e pintar o firme e a pista de seguridade viaria, para recuperar o entorno das áncoras, remodelar o da fonte de Marqués de Alcedo, crear canalizacións e recuparar camiños, repoñer barandas, recuperar a pista deportiva e a súa contorna, instalar novo mobiliario urbano, mellorar o rego, iluminar as esculturas e repoñer prantas e arbustos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.