Galicia

Extinguido o lume que queimou 35 hectáreas e media en Caldas de Reis

O incendio forestal rexistrado na tarde do luns no concello de Caldas de Reis quedou extinguido tras afectar a unhas 35,5 hectáreas, segundo a última estimación provisional sinalada pola Consellería do Medio Rural.

O lume xa quedara controlado este ,martes logo de que na extinción do mesmo traballaran un técnico, cinco axentes forestais, 15 brigadas, 14 motobombas, tres pas e dous helicópteros.

Mentres, o lume rexistrado o domingo ás 4 e media no concello ourensano de Vilamarín permanece controlado. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada está en torno ás 200 hectáreas.

Nos traballos de extinción participan 14 axentes forestais, 51 brigadas, 32 motobombas, tres pas, nove helicópteros e dez avións, segundo indicou Medio Rural.

 

También te puede interesar