Controlado o lume que arrasou 500 hectáreas entre Quiroga e Larouco

O incendio declarado entre os concellos de Quiroga, en Lugo, e Larouco en Ourense,  foi controlado pasadas as 8 da tarde deste luns, logo de queimar unhas 500 hectáreas de superficie, – a meirande parte na provincia ourensá – segundo as estimacións provisionais da Consellería do Medio.

A conselleira, Rosa Quintana, dixo tras visitar este luns a zona afectada que o perigo pasara e que arderan unhas 500 hectáreas no lume que se iniciou na tarde do domingo no municipio de Quiroga, na parroquia de Vilanuíde, e que afecta ao concello de Larouco, na parroquia de Seadur.

En total traballaron na zona, segundo os datos da Xunta catro técnicos, 29 axentes forestais, 69 brigadas, 26 motobombas, dúas pas, nove helicópteros, oito avións e efectivos das unidades militares de extinción (UME).

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.