RGPD - Cookies

Afectados polas Preferentes suspenden o Pleno de As Neves durante hora e media

O Pleno estivo interrompido entre as 10 e as 11 e media, cando o alcalde compremeteuse a celebrar unha reunión da Corporación para falar das Preferentes/Tresyuno Comunicación

Afectados polas Preferentes do Baixo Miño obrigaron a suspender este luns o pleno do Concello de As Neves, previsto para as 10 da mañá, logo de que, segundo varios dos aforradores, “o alcalde negárase a escoitar as nosas demandas”. Xusto cando iba a empezar a reunión da Corporación, os afectados pediron un turno de palabra, algo ao que non accedeu o alcalde quen, á vista das protestas optou por suspender o Pleno.

Nos minutos seguintes vivíronse momentos de tensión cando os aforradores pediron a Raúl Emilio Castro que quedase no salón de sesións e varios concelleiros do equipo de goberno encaránronse cos afectados, “houbo empurróns e algunhas palabras moi duras”, indican os afectados quenes acusan aos concelleiros populares de “non saber manter o tipo nen dar a cara”.

O voceiro da Plataforma afirmou que o alcalde “está moi desinformado” xa que, subliñou,”repetiu que non se pode facer máis porque Europa non deixa”, cando “hai unha carta do comisario da Competencia decindo xustamente o contrario, que é un tema que ten que resolver o Goberno español”. Ademáis, Xulio Alonso indicou que “hai membros do PP que empezan a decir que unha cousa é o Goberno e outra o partido e máis dun que xa non dubida e botarlle a culpa de esta situación a Aznar” o que, entende, é “síntoma de que esa unidade da que falan é so de cara á galería”.

A situación tranquilizouse e, ate as 11 e media, a corporación permaneceu no concello ate que “chegamos a un acordo co alcalde quen comprometeuse a celebrar un pleno extraordinario para falar das Preferentes”, co cal a reunión da Corporación reanudouse con normalidade.

 

También te puede interesar