Ciencia y Tecnología

Xa podes consultar o tempo que vai facer en cada unha das praias galegas

El becario 'documentándose' para hacer la información

Meteogalicia, vén de poñer en servizo unha sección na web para consultar a meteoroloxía en máis de 600 praias galegas dun xeito particularizado, cunha predición específica para cada un dos areais.

Ademais, Meteogalicia ven de crear e publicar unha nova aplicación para móbiles, MeteoRoute, que permite planificar unha viaxe o unha ruta a pé, bici ou barco en termos da meteoroloxía, coñecendo deste xeito  a predición para a ruta que o usuario determine.

Predicións detallada para praias

A páxina web de Meteogalicia conta dende esta semana cunha sección na que se ofrece predición meteorolóxica específica e detallada  para preto de 700 praias galegas. Trátase de predicións para tres días e tres franxas horarias – mañá, tarde e noite -.

Incorpórase á predición a probabilidade de choiva e un meteoro de vento que identifica a intensidade e a dirección do vento. Esta nova sección tamén disporá de información das mareas nos tres días de predición para o porto de referencia.

Na nova sección para a consulta do tempo nas praias galegas na que podes entrar premendo aquí, ten a posibilidade de facer búsquedas de praias por zona, picando sobre o mapa; por nome de praias ou directamente sobre un mapa de Google. Permítese engadir a un listado de praias predefinido outros 5 areais para facilitarlle ao usuario o acceso a información sen ter que facer unha busca previa. A web tamén permite seleccionar entre o listado de praias unha delas como favorita, de xeito que o usuario vexa directamente os datos dese areal ao cargar a páxina.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.