En marcha aQuelando3, o programa da Deputación para [email protected] da provincia

A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova fase do programa aQuelando3, que conta cun orzamento de 372.579 € e que será financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo. A Xunta de Goberno da Deputación acordou sacar a concurso a segunda edición dos cursos, que incluirá a organización de 12 cursos en diferentes concellos da provincia de Pontevedra.

O obxectivo deste proxecto é abrirlle novas oportunidades de acceder ou reincorporarse ao mercado de traballo a persoas desempregadas da provincia de Pontevedra, “un obxectivo que se está a cumprir dunha maneira moi destacada, dado que das 503 persoas que participaron na anterior edición do programa, o aQuelando2,  conseguiron emprego unhas 400 persoas”, segundo asegura un dos responsables do programa.

A nova edición dos cursos dará comezo entre outubro e novembro e contará coa participación de 180 persoas nas especialidades de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio; Atención Sociosanitaria  a  persoas dependentes en institucións sociais; Limpieza de superficies e mobiliario en edificios e locais, Emprego doméstico; Dirección e dinamización de actividades de tempo libre;  área educativo infantil e xuvenil; Financiamento de empresas: Asistencia  á dirección e Docencia da formación profesional para o emprego. Todas as accións formativas están asociadas á obtención do certificado de profesionalidade en cada unha das especialidades.

3,5 millóns

Estes cursos veñen a sumarse aos que xa se realizaron e aos que se están realizando nestes momentos, no marco deste mesmo programa, que conta cun orzamento total para o período 2007-2013 de 3,5 millóns de euros, dos cales o 80% procede do FSE. Nestes momentos estanse impartindo 5 cursos, con 75 alumnos.

 

También te puede interesar