Vigo al minuto

Esta noite é branca

Este venres é o dá de «A Noite Branca», con visitas guiadas, exposicións e concertos nos diferentes museos do Concello. Esta actividade está encadrada dentro do programa «Vigo en Festas» e desenvolverase  dende as oito da noite ata as dúas da madrugada, coa finalidade de salientar o patrimonio a as actividades dos diferentes centros que forman parte da Rede Museística e Expositiva local.

A oferta, aberta a todo tipo de público, realízase seguindo criterios de gratuidade, participación da cidadanía, sostibilidade e novidade. O programa basease na ampliación do horario normal de funcionamento dos seguintes centros: Museo «Quiñones de León», Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca «Francisco Fernández del Riego», Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, Fundación Laxeiro,  MARCO-Museo de arte contemporánea de Vigo, Museo Liste-Etnográfico de Vigo e CAT-Centro de Artesanía Tradicional. Ademáis a programación complétase cunha serie de actividades paralelas:

Visitas guiadas, nos horarios indicados, tanto nos centros museísticos e expositivos como no xardín histórico do Pazo-Museo «Quiñones de León», ao propio museo e á Fundación Laxeiro. Inauguración de exposicións: «NOWHERE. Propostas fóra de lugar»», na Casa das Artes.

Concertos musicais na Casa das Artes (Fluzo-19:30 h e Dj Javier Álvarez-00:00 h), no xardín da solaina de Concepción Arenal do Pazo de Castrelos (Orquestra VIGO 430, 21:00 h), na terraza do Verbum-Casa das Palabras (GazzFunkdation e Antía Otero, 22:00 h) e no contorno do Marco-Príncipe-rúa Londres (V-go!Negro Son Coro&The V-Goers Soul Train e Mr. Vudú, 23:00 h).

Ademais, ofertarase un bus turístico con guía turística oficial, con saídas ás 21:00 h (Porta do Sol con destino ao Museo «Quiñones de León», con parada no Verbum) e ás 23:00 h (á inversa, parando tamén no Verbum); o prezo será de 2 € ida ou volta, e de 3 € para o billete de ida e volta.

Por último, as asociacións de comerciantes do Casco Vello e da zona Progreso sumaranse a esta iniciativa coa apertura dos seus establecementos nese horario.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.