Comarcas

A Deputación aproba investimentos de 15 millóns en concellos de 1.000 a 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra aprobou este mércores un plan de investimentos por valor 15 millóns de euros dirixido a localidades da provincia entre 1.000 e 50.000 habitantes Segundo o voceiro da institución, o plan “favorecerá a creación e mantemento duns 1.000 postos de traballo, especialmente no sector da construción, e a posta en marcha duns 300 proxectos que sairían a concurso”.

O goberno do organismo provincial salientou que o obxectivo é «aliviar e dar resposta ás demandas dos concellos en materia de servizos básicos».

Os voceiros do BNG e do PSOE – que votaron en contra – criticaron que Vigo e Pontevedra quedan excluídos de optar a estes investimentos e queixáronse de que os municipios beneficiarios do plan non serán os responsables das contratacións.

César Mosquera, do BNG instou o PP a «repensar e reestruturar» as bases que rexerán a repartición dos fondos, ao cualificalas de «inxustas, disfuncionales e desiguais» e pediulle «un esforzo por facelas máis equitativas». Ao seu xuizo, a Deputación tenta de «substituír progresivamente aos concellos» que, segundo Mosquera, se converten nunha «oficina de solicitudes ou queixas, ou para andar mendigando coa gorra».

Mosquera tamén cuestionou a eficacia deste plan, que «non contribúe á recuperación económica». Ademais, advertiu que se crea «unha perversión tremenda» en tanto «non se axuda aos concellos e créanselles problemas para a xestión de obras» que tramita a Deputación.

Pola súa banda, o voceiro do PSOE criticou que o PP non contase coa opinión da oposición para elaborar as bases reguladoras, que «puideron saír por consenso». Ao igual que Mosquera, tamén criticou que o 20% do valor do plan, que calcula en tres millóns de euros, queda «a discreción» do presidente, polo que reclamou que se dedique a investimentos nos concellos de Pontevedra e Vigo.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.