Vigo al minuto

Este mércores empeza o Festival Folclórico Internacional de Vigo

O Festival Folclórico Internacional comezará este martes ás 9 e media da noite  coa actuación do grupo Venezolano «Fundación Danzas Cantaclaro» e o ruso «Conxunto de Danzas Uzory da cidade de Alexandrov», no Centro Veciñal e Cultural Valadares, ademais percorrerá outros barrios  – Candean, Beade e Bembrive -, e contará con diferentes animacións na rúa. No acto central, que terá lugar no Auditorio Mar de Vigo o día 9 de agosto ás 10 da noite, actuarán todos os grupos participantes no festival. Todas as actuacións son de entrada libre.

Os grupos participantes son: Conxunto de Danzas Uzory da cidade de Alexandrov (Rusia), Fundación Danzas Cantaclaro (Venezuela), S’eixam Mallorqui (Balears), Grupo Danzarín (Arxentina), Asociación folclórica Corisco, Agrupación folclórica Danzas Galegas, Escola de Danza do Concello de Vigo.

As actuacións por barrios comezan ás 9 e media da noite e son: 6 de agosto – CVC Valadares: Conxunto de Danzas Uzory da cidade de Alexandrov + Fundación Danzas Cantaclaro.

7 de agostoAlameda de San Andrés de Comesaña: Fundación Danzas Cantaclaro + Grupo S’eixam da cidade de Mallorca.

8 de agosto – Pavillón de Candeán (UVCD Candeán): Conxunto de Danzas Uzory da cidade de Alexandrov + Grupo S’exiam da cidade de Mallorca.

10 de agosto – AVCU-CSCR Beade: Fundanción Danzas Cantaclaro + Grupo S’eixam da cidade de Mallorca.

11 de agosto – SCDR Helios de Bembrive: Conxunto de Danzas Uzory da cidade de Alexandrov + Fundación Danzas Cantaclaro.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.