Galicia

Controlado o lume que quemou 50 hectáreas en Nogueira de Ramuín

O incendio forestal que se iniciou na tarde do xoves no concello ourensaán de Nogueira de Ramuín, no ámbito dos Canóns do Sil, quedou controlado este venres.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural e do Mar, o lume comezou ás 17.24 horas do xoves na parroquia de Vilar de Cerreda e quedou controlado hoxe. As estimacións provisionais que, segundo precisa Medio Rural confirmaranse tras o parametrizar, sitúan a superficie afectada nunhas 50 hectáreas.

Nos traballos de extinción traballan un técnico, sete axentes forestais, 17 brigadas, 7 motobombas, unha pala, 6 helicópteros e 6 avións.

 

También te puede interesar