Vigo al minuto

A Federación Veciñal critica o ‘cheque social’ do Concello

Personas socilitando as axudas sociais no Concello/Tresyuno Comunicación

A Federación de Veciños Eduardo Chao discrepa da concesión do cheque social que o Concello oferta as familias con máis necesidades, xa que “as rendas para acceder ao devandito cheque teñen que ser moi baixas tendo que ser as condicións moi precarias” cunha renda per capita menor de 150 € por persoa.

Así mesmo, a xuizo da Federación Veciñal, segundo as bases, “a forma de reparto do cheque na que se propón que se reparta a cantidade total entre todas as solicitudes, non parece a máis axeitada nin a máis equitativa, posto que todas as solicitudes recibirán a mesma cantidade de cartos independentemente do número de membros que forme a unidade familiar”, e dicir, continúa a FAVEC, unha familia con tres menores ao seu cargo recibirá a mesma cantidade que unha familia formada por dúas persoas o incluso por unha soa.

 

También te puede interesar