Sucesos

Ingresada con feridas graves unha muller acoitelada pola súa parella

Unha veciña do concello lucense de Castro de Rei está ingresada en estado grave no Hospital Lucus Augusti da capital logo de que fose agredida pola súa parella quen, logo do ataque, quitouse a vida.

A muller foi localizada este domingo pola tarde, por un veciño, ferida na cuneta da carretera N-640. Ainda que nun primeiro momento pensouse que podería ser vítima dun acidente de tráfico, esta idea descartouse á vista das coiteladas que presentaba.

Axiña deuse aviso aos servizos de Emerxencia e ate o lugar desplazouse unha ambulancia do 061 que trasladouna ao hospital. A Garda Civil desplegou un operativo para atopar ao agresor quen apareceu sen vida.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.