Éxito de público na Festa do Tinto das Rías Baixas, en As Neves

Así estaba a Praza Maior de As Neves este domingo/Tresyuno Comunicación

“Un éxito”, deste xeito calificaron os responsables das bodegas a edición deste ano da Festa do Viño Tinto das Rías Baixas que celebrouse – coa suspensión dos actos oficiais e musicais en sinal de loito polo accidente de tren de Santiago – en As Neves o pasado fin de semana.

Ademáis de probar e comprar o viño, os asistentes poideron degustar diferentes produtos culinarios/Tresyuno Comunicación

Maila ao tempo, especialmente este domingo que alternou sol e nubes, centos de personas achegáronse ao centro do concello nevense no que estaban instaladas varias casetas nas que o público podía, ademáis de comprar, probar os diferentes caldos que estaban á venda.As Neves estaba ateigado de familias estos días que, ademáis de ir en sí á festa, aproveitaron para comer nos restaurantes do concello”, comentou o responsable de Señorío de Rubiós, a bodega que produce preto do 95% de todo o tinto do Condado.

O alcalde de As Neves, Raúl Emilio Castro, acompañado de varios asistentes/Tresyuno Comunicación

Ao éxito desta edición contribuiron, ademáis, as catas que se fixeron os días anteriores e xa o sábado, na Praza Maior, dirixidas por recoñecidos profesionais, o enólogo Raúl Pérez, o distribuidor e dono de vinotecas, César Tuíz, e o  sumiller José Aragunde. En opinión dos asistentes, “foi unha boa ocasión tanto para disfrutar do viño coma para aprender a aprecialo con todos os sentidos, algo que influe á hora de de consumilo”.

Por suposto, non podía faltar o polbo/Tresyuno Comunicación

 

También te puede interesar