Vigo al minuto

O Naval péchase para agardar a resolución do tax-lease

Como adiantou vigoalminuto, os traballadores de Metasships, Freire, Barreras, Vulcano e Armón decidiron nas asambleas celebradas este martes pecharse nos seus asteleiros como nova medida de presión apenas 24 horas antes de que o Colexio de Comisarios da Comisión Europea decida este mércores, día 17, se finalmente obriga á devolución das bonificacións fiscais do tax-lease ao Naval dende 2007 ate 2011.

Nos astaleiros onde non hai actividade xa producíronse concentracións ao longo da mañá, no resto non se verá interrompida a actividade, de xeiro que o peche comezará ao remate da xornada, incluirá a noite e rematará mañá, cando se coñeza a resolución da Comisión. En función da mesma os sindicatos, comisiones Obreras, Unión General de Trabajadores e CIG, decidirán outras posibles medidas a desenvolver.

Dacordo co manifestado a esta redación a última hora deste luns, as centrais consideran completamente inaceptable a resolución de onte na que a UE retrasaba a devolución das axudas do tax-lease de 2005 a 2007 e insisten en que “non hai que devolver bonificación algunha”, posto que foi a propia comisión, en tres ocasións, a que sinalou como “legal” a bonificación fiscal do Naval. Ademáis salientaron que o feito de ter que devolver “un so euro” da mesma pon en perigo de desaparición a todo o sector, “quén vai a encargar barcos aquí se non ten garantido que non terá que pagar máis do que se lle presuposta para súa construción?”.

 

También te puede interesar