Convocadas 212 prazas de recoñecemento de competencias profesionais para o sector naval

A Consellería de Traballo publica este luns no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, nesta ocasión exclusivamente no sector naval.

Convocaranse 212 prazas dirixidas a profesionais da industria auxiliar do naval nas unidades de competencia das cualificaciones profesionais de montaxe de instalacións de canalización industrial e soldadura.

Esta iniciativa forma parte do proxecto Empreganav, que impulsa a Xunta co apoio do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (Feag), e ten como fin a recolocación de persoas desempregadas do sector naval, inclúe, entre as súas accións, a acreditación e certificación das competencias profesionais.

O prazo para presentar solicitudes será de 10 días naturais a partir do martes. As inscricións deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da sede online da Xunta.

 

También te puede interesar