Deportes

A galega Lúa Piñeiro, ao Campionato Mundial de Taekwondo

A galega Lúa Piñeiro – categoría de menos de 67 quilogramos – competirá este mércores, día 17,  no Campionato do Mundo de Taekwondo, que se celebrará entre os días 15 e 21 na cidade mexicana de Puebla. A deportista galega comezará a súa competición fronte a unha taekwondista local Victoria Támez.

Neste campionato participarán un total de 872 competidores -537 na categoría masculina e 335 na feminina – pertencentes a 142 países. Aínda que a competición comezou este luns, Lúa terá que esperar ata o mércores para saír ao tapiz. Mañá martes terá que pasar pola pesada e ao día seguinte será o momento da verdade. A primeira rival para a galega será a mexicana Victoria Támez, que contará co apoio do público.

Lúa estivo concentrada xunto ao resto do equipo español en Sierra Nevada co obxectivo de aclimatarse a competir en altura, xa que esas serán as condicións que se encontrarán en Puebla. A concentración comezou o día 24 de xuño e alí permaneceu o equipo ata que viaxaron en dirección a México, a semana pasada. Lúa gañou a súa praza para competir neste mundial, ao lograr o título de campiona de España no seu peso no pasado mes de marzo en Castellón.

 

También te puede interesar