Cultura

Presos da tecnoloxía

70 presos dos sete centros penitenciarios galegos participarán nun proxecto de formación en novas tecnoloxías, posto en marcha polo Programa Voluntariado Dixital da Xunta, en colaboración coa Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MELISA).

O programa ‘Tecnoloxía e software libre en centros penitenciarios galegos’, arrancou esta semana na prisión lucense de Monterroso, onde voluntarios imparten talleres a 10 internos, e se irá estendendo polo resto de centros.

Este proxecto ten como obxectivo promover a inserción laboral dos reclusos á saída do cárcere, de maneira que teñan formación e práctica nas tecnoloxías da información e a comunicación TIC.  En concreto, a primeira aplicación práctica consiste na reparación do equipamento informático que pasará a formar parte dunha aula con software libre na prisión de Monterroso.

Os talleres, de tres días de duración, están estructurados en tres partes baseadas en adquirir os coñecementos básicos para identificar os compoñentes dun ordenador, instalar e configurar un sistema operativo libre.

 

También te puede interesar