Galicia

Detidas dúas personas coma responsables de incendios forestais en Laracha e Piñor

A Policía Autonómica detivo a dúas persoas como presuntas autoras de incendios forestais nos Concellos de Laracha (A Coruña) e Piñor (Ourense)

No primeiro caso, axentes da Xefatura Provincial da Coruña informaron da detención dunha veciña coma responsable dun delito de incendio forestal o pasado 5 de xullo, cando facía queimas de restos agrícolas que tiña amoreados nunha finca no concello de Laracha, sen adoptar as medidas de seguridade. É de sinalar que nesta época do ano está prohibida a realización deste tipo de queimas.

O lume foi detectado por unha patrulla do grupo de investigación de incendios desa Xefatura da Coruña, que prestaba servizo na zona e que xunto un veciño que se atopaba preto da finca procederon a apagar o lume, impedindo que se propagara. Por estes feitos foron instruídas dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións da garda de Carballo.

Na mesma liña, a Xefatura Provincial de Ourense detivo a un veciño de Piñor, na provincia de Ourense coma suposto autor de tres incendios forestais nos lugares de Corna e Coiras, no mesmo concello e que afectou a 23,3 hectáreas de monte raso e 1,60 hectáreas de arborado. Os incendios producíronse os pasados días 6 e 7 de xullo, segundo se desprende das investigacións, por motivos relacionados coa caza.

Os funcionarios policiais investigan a posible participación do detido noutros lumes acontecidos en anos anteriores. Polos feitos tramitáronse dilixencias ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución do Carballiño.

No que vai de ano, son 63 as persoas detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais.

 

También te puede interesar