Vigo al minuto

Vigo acollerá o vindeiro día 18 a ‘Gran Festa Romana -Celta’

O vindeiro 18 de xullo terá lugar en Vigo a actuación da Gran Festa Romana-Celta. Ás 10 da noite comezará en Balaidos un pasarrúas, onde 26 romanos e 15 castrexos, combinando pasado e presente, animarán a noite viguesa, para concluir en Castrelos ás 11 da noite cun verdadeiro espectáculo visual, sonoro e sobre todo cargado de sentimento. O espectáculo será de entrada libre e “estará cargado de diversión e sentimentos, “recordando o que fomos e o que somos”.

Dúas compañías galegas, Troula Animación e Bruxo Queimam, serán as encagardas de levar a cabo este espectáculo único en Vigo, con máis de 50 actores en escea, ademais de aéreos e de pirotecnia. A Gran Festa Romana-Celta combinará danza, malabares, fogos e pirotecnia con diferentes estructuras aéreas coa “intención de chegar ao corazón da xente”.

 

También te puede interesar