Cultura

Descuberta unha fotografía inédita de Rosalía e un exemplar de Cantares Gallegos cun autógrafo da poeta

Fotografía de Rosalía, ao redor de 1863

O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, anunciou este venres o achado dun exemplar único da primeira edición do libro ‘Cantares Gallegos’, que inclúe unha fotografía inédita da poeta, un autógrafo e unha carta de Fernán Caballero á autora.

Esta peza, de «extraordinario valor», será exposta dentro da mostra ‘Non principio foi ou verso. Rosalía de Castro’, que organiza a Fundación Barrié de Vigo en colaboración coa Fundación Rosalía.

De feito, a localización deste libro foi posible grazas á propia mostra, dado que un dos asistentes se decatou ao visitala da importancia dun libro da súa propia biblioteca.

Tras o peche desta exposición, o 15 de setembro, o exemplar será exposto na Casa-Museo de Rosalía, despois de acometer as obras de adecuación museográfica previstas para finais deste ano. Tanto a adquisición do libro como a súa instalación na exposición foron financiadas pola Fundación Barrié.

Fernán Caballero é o pseudónimo da escritora española Cecilia Böhl de Faber, a quen Rosalía dedica Cantares Gallegos. No libro agora atopado hai unha transcrición da carta de agradecemento de Fernán Caballero a esta dedicatoria, copiada por Ramón Segade.

Pola súa banda, a fotografía incluída no libro, descoñecida ata o momento, mostra a Rosalía en torno ao ano 1863, data de publicación de Cantares Gallegos.

Segundo recordou a Fundación Rosalía, hai «moi poucos poemas autografiados» de Rosalía, e o localizado neste exemplar é o único de Cantares. En concreto, trátase dos 16 primeiros versos do poema inicial do libro, asinados por ela mesma probablemente como un regalo para o propietario. Un estudio de Anxo Angueira sinala que é «moi probable» que o propietario inicial do libro fose Ramón Segade Campoamor, un escritor e novelista galego amigo da infancia de Manuel Murguía e que tiña estreita relación con Rosalía.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.