Vigo al minuto

Piden aos vigueses que fagan presión para evitar as devolucións do tax-lease

Os sindicatos do Naval pediron aos veciños de Vigo que fagan presión para que a Unión Europea aprobé que, finalmente, o sector non teña que devolver as axudas do tax-lease aplicadas á contratación de buques, tal e como pretende o comisario da Competencia.

Tras a xuntanza do Consello Social, as centrais lembraron que hai argumentos xurídicos para non ter que devolver as devanditas bonificacións fiscais e salientaron que «a presión social será determinante para lograr que Joaquín Almunia cambie a súa decisión».

Por elo pediron aos vigueses que acudan á manifestación convocada para este xoves ás 8 da tarde, en defensa do sector, dende a Praza de España ata o edificio da Xunta.

Tras máis de hora e media de reunión, o Consello Social de Vigo, integrado por representantes dos grupos políticos, os sindicatos, organizacións empresariais, veciñais e outros colectivos, aprobou unha declaración institucional na que mostra o seu apoio á industria naval, sen a que «non se pode concibir nin a cidade nin a súa economía”. Ademáis manifestase o «rexeitamento absoluto» á proposta do comisario Almunia, porque non se vai admitir «baixo ningún concepto que haxa que devolver esas bonificacións. Non hai razón legal que o avale», di o comunicado, ao tempo que os colectivos insisten en reclamar para o naval vigués «o mesmo trato que recibiu Francia».

Por outra banda, este organismo consultivo instou tanto ao presidente da Xunta, coma ao presidente do Goberno central a que defendan eses argumentos ante as autoridades europeas, para evitar a devolución desas cantidades. Tamén reclaman os dous executivos que leven a posición española ante o presidente da Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.