Destacados

Controlado o lume declarado en Piñor que arrasou 25 hectáreas

Efectivos de extinción de incendios controlaron un lume que comezou na madrugada deste domingo na parroquia de Coiras, no concello ourensán de Piñoor, e que afectou a unhas 25 hectáreas.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o incendio comezou ás 00.14 horas deste domingo xunto a outros dous lumes máis pequenos e quedou controlado ás 7.33 horas. Ademais, Medio Rural indica que neste mesmo municipio hai outros dous lumes controlados que non alcanzan as 20 hectáreas, un deles rexistrado tamén na parroquia de Coiras, que iniciouse ás 23.52 horas do sábado e quedou controlado ás 5.45 horas deste domingo. O outro lume declarouse na parroquia de Corna ás 23.19 horas do sábado e quedou controlado ás 2.29 horas deste domingo.

As estimacións provisionais apuntadas pola consellería sitúan a superficie forestal afectada en 25 hectáreas, das cales 12,5 corresponden a superficie rasa e outras 12,5 a arborada. Nos traballos de control deste incendio forestal participan catro axentes, cinco brigadas, oito motobombas e unha pa, segundo precisou a Consellería.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.