Galicia

60 mariñeiros da flota cefalopodeira bloquean a descarga de polbo no Porto de Marín

Uns 60 mariñeiros da flota cefalopodeira galega están a paralizar dende primeira hora deste domingo a descarga de polbo conxelado que chega ao Porto de Vilagarcía en contendores procedentes de Canarias. Entre os concentrados está o responsable da CIG-Mar, Xabier Aboy, quen asegurou a esta redacción que, na actualidade, “por culpa dun acordo liquidador da Xunta e do Goberno central, 24 barcos galegos que faenaban en Mauritania dende hai décadas foron expulsados daquelas augas e os caladeiros están ocupados por barcos asiáticos”.

“A flota galega quedou esnaquizada, máis de 200 familias non teñen ingresos, e non se fai nada para acabar con esta situación…suponse que estamos na Unión Europea e que pode presionar para arranxar a situación, pero nin hai interese nin parece que a Feijóo e Rajopy lles importe o desmantelamento”.

Neste intre, os pescadores, que non van deixar baixar os contedores e que esixen que volva nao porto de orixe,  manteñen conversas, no mesmo peirao, co director da Autoridade Portuaria, a compañía dona dos barcos que estaban descargando e a Garda Civil.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.