Galicia

Feijóo asegura que Touriño xa sabía que as caixas non podían seguir soas e non llo dixo

O presidente da Xunta reiterou este venres na súa comparecencia na Comisión de Caixas do Parlamento de Galicia que cando accedeu ao seu cargo, en 2009, constatou que Caixanova e Caixa Galicia non podía sobrevivir soas e que, asimismo, transmitiu esta impresión ao Banco de España. Feijóo sinalou que o banco central respostou que así o tiña dito ao gobernó de Touriño, pero que este non lle pasara información algunha no traspaso de poderes.

«Non sei se exactamente a información que nos deu o Banco de España era exactamente así, pero sí é certo que o bipartito esqueceu calquera tipo de información no traspaso», indicou Feijóo.

O presidente repasou as dificultades das dúas entidades, entre as que mencionou a “excesiva expansión fóra de Galicia, a elevada morosidade, o aumento desproporcionado do crédito e a forte dependencia dos mercados maioristas”.Tendo en conta as mesmas, Feijóo salientou que a responsabilidade delo foi do «exceso de ambición dos xestores das caixas e a falta de supervisión» do Banco de España”, que derivaron en decisión coma a venda de preferentes ou as altísimas indenizacións aos directivos que, ao seu xuizo, o seu goberno recionalizou.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.