Galicia

A Xunta esixe a Novagalicia Banco que reabra as arbitraxes

A directora xeral de Comercio afirmou que a Xunta se puxo en contacto con Novagalicia Banco para «esixirlle que reabra a arbitraxe» para os Afectados polas Participacións Preferentes, ao tempo que lle instou a adoptar as medidas oportunas para que as persoas que decidan cambiar as accións por liquidez poidan recorrer á vía xudicial para recuperar todos os seus aforros.

Na súa comparecencia na comisión de investigación das caixas, a última da xornada antes de que este venres o fagan o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e os máximos directivos de Novagalicia Banco con José María Castellano á cabeza, Sol Vázquez explicou que «algo bo debe ter a arbitraxe unha medida na que Galicia foi pioneira, para que todos reclamen a reapertura. E están todos de acordo en que se debe reabrir», remarcou.

Neste sentido, e tras recordar que esta medida require que as dúas partes estean de acordo, non unicamente o afectado, asegurou que o Goberno galego «non vai cesar no empeño ata conseguir que o cen por cento dos afectados recupere os seus aforros”. Os grupos da oposición, que recolleron as queixas dos preferentistas, tamén solicitaron á Xunta que promova unha decisión «política» para que se reabra o proceso de laudos, despois de que Novagalicia pechase o prazo de presentación de solicitudes o 17 de xuño.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.