Cultura

A Deputación adxudica o Programa Saúde e a Teleasistencia, que beneficiará a 700 personas

A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe, na súa xunta de goberno, a xestión e desenvolvemento do programa ‘Saúde e Benestar’ para o ano 2013 a Viajes El Corte Inglés, cun prezo de licitación de 306,80 € por persona.

O programa consiste en estancias de 6 días de duración nun hotel, spa ou balneario de Pontevedra, en rexime de pensión completa, uso do spa e desplazamento dende o concello.

A finalidade do programa é mellorar a saúde e calidade de vida das personas nacidas antes de 1963, pensionistas ou personas con necesidades de respiro familiar. Pretende reactivar a economía, apoiar a un  sector de gran importancia na provincia como é o da hostelería e termalismo (sobre todo para a ocupación en temporada baixa), xenerar e asegurar postos de traballo e dinamizar o turismo interior.

O número máximo de prazas ofertadas no programa é de 3.333. E o prezo de licitación é de 306,80 € por persona, Iva incluido. A Deputación aportará 30 € por participante, ata un máximo de 100.000 €. Os beneficiarios ou participantes do programa, aportarán, pola súa banda, 276,80 €.

Os establecementos onde discurrirá o programa son os hoteis e balnearios Hesperia Isla de la Toja, en O Grove; Talasso Atlántico, en Oia; Gran Talaso, en Sanxenxo; Spa Oca Galatea, en Sanxenxo; Carlos I Spa Silgar de Sanxenxo; Moaña Talaso Spa, en Moaña; Norat Spa, de O Grove; e Torre de Deza Spa, en Lalín.

Todos eles teñen a categoría de catro estrelas e os seus prezos por  persona oscilan dos 240 € por persona – Ive incluido – o máis caro, ata os 185 € por persona  -Ive incluido – o máis barato.

Ademáis o organismo provincial adxudicou o servizo de Teleasistencia, que beneficiará a 700 usuarios, por un total de 157.248 €. A Deputación financia o 34%, o  66% restante será aportado polos propios concellos que se adhiran ao servizo e polos propios usuarios.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.