Galicia

O equipo de ‘Las Brujas de E’lente’ primeiro convidado ao Festival das Artes Escénicas de Riós

Os festivais de cine son un camiño perfecto para dar a coñecer novos proxectos. Un dos nosos actores, Rubén Riós, dará a benvida a Las Brujas de E’lente ao Festival de Artes Escénicas de Riós que terá lugar a comezos do mes de agosto.

Este festival, que nace no ano 2008 da man do actor galego, tenta impulsar as ideas creadas en Galicia e ofrecerlle aos habitantes de Riós unha festa chea de sorpresas e diversos artistas do eido audiovisual.

O resultado é unha gala con monólogos, interpretacións, actuacións e concertos que amenicen unha velada única no cálido mes de agosto. Personalidades do mundo do teatro, o cinema, a televisión e a música forman o conxunto de invitados. Conxunto no que este ano estará o equipo de ‘Las Brujas de E’lente’.

 

También te puede interesar