RGPD - Cookies
Vigo al día

Convocado o Consello Social de Vigo para apoiar ao Naval

Traballadores de Barreras, este xoves/Tresyuno Comunicación

O alcalde ven de convocar ao Consello Social da cidade, que abordará a situación do sector naval, o próximo luns, 8 de xullo, ás 6 da tarde, ante a posibilidade de que a Unión Europea obrigue á devolución das bonificacións recibidas desde 2005 en base ao anterior sistema fiscal vixente, coñecido como tax lease.

Ao mesmo tempo que pedirá un apoio unánime deste organismo ao Naval, iniciará contactos diarios con colectivos vigueses para sensibilizar á cidade da importancia do naval e do apoio ao sector. A primeira cita será este mesmo venres con asociacións veciñais e a participación dos sindicatos Comisiones Obreras, Unión General de Trabajadores e CIG.

O alcalde lembrou que o Naval vigués ten o apoio de todo o Estado, subliñou que hai que estar centrados nesta cuestión e reiterou o chamamento ao presidente do Goberno para actúe directamente co presidente da Comisión Europea, Durao Barroso, para evitar a devolución do tax lease.

 

También te puede interesar