RGPD - Cookies
Comarcas

O Plan Xeral de Ponteareas terá que volver a Pleno logo de incumplir varios requisitos legais

O alcalde Solla no último Pleno/Tresyuno Comunicación

A tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ponteareas, terá que volver a Pleno logo de que a súa aprobación fose declarada non válida tendo en conta o informe desfavorable do documento por parte da Secretaría Xeral do Concello. Ademáis diso, segundo o BNG, na Xunta de Voceiros municipal celebrada este luns, o alcalde confirmou que lle ocultara máis de dous meses o referido informe de Secretaria ao equipo técnico do PXOM, presente na reunión, algo que os nacionalistas califican de “feito moi grave”.

A xuizo do BNG, a actuación de Salvador González Solla “é máis propia dun incompetente que dun alcalde” ao tempo que lembra que os cambios a realizar son cuestións de fondo do documento que teñen que figurar na aprobación inicial. “Trátase de cambios de fondo, cuantitativos e cualitativos, de suma trascendencia, co fin de corrixir as desfeitas do urbanismo do Partido Popular durante décadas” afirmou o voceiro dos nacionalistas.

Xosé Represas, salientou que o informe da Secretaría era ben craro, “as modificacións deben facerse antes da aprobación inicial e de información pública, debendo contar con informes técnicos e xurídicos municipais”.

Cabe lembrar que a aprobación inicial do Plan Xeral acordouse nun Pleno celebrado o pasado día 18 no que o propio alcalde pediu aos Afectados polas Preferentes que permitisen á Corporación aprobar este documento que cualificou de “vital e esencial” para Ponteareas.

 

También te puede interesar