Galicia

Advirten de un verán de lumes «moi perigoso» polo dispositivo «fragmentado e desorganizado»

A Plataforma en Defensa do Servizo Público de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais advertiu este luns de que “se presenta un verán perigoso» tanto para o monte coma para a vida dos traballadores polo “dispositivo de extinción desprofesionalizado e fragmentado» e polo estado do monte, que o responsable desta asociación calificou de “selvático”

En rolda de prensa, integrantes da sinalaron que “hai un risco real para a vida dos traballadores” e sinalaron que parte da culpa delo é que as contratacións nos concellos esté facéndose “a dedo”. Os mortos dos últimos anos en labores de extinción de incendios, salientaron «eran profesionais. Non queremos saber o que pode pasar coa xente que vai ser escollida a dedo nos concellos”.

A xuízo da plataforma, o plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) deste ano é «unha improvisación, carece de consenso cos implicados no dispositivo contra os incendios forestais e abunda na privatización e desmantelamento dos servizos públicos», o que, ao seu xuizo, leva a unha «desorganización estrutural».

Neste sentido, criticaron que os traballadores son tanto do servizo público, como de empresas públicas (Seaga) e privadas (Inaer) ou das brigadas municipais e os grupos de emerxencias supramunicipais (GES), de modo que non cumpren todos os mesmos requisitos nin teñen a mesma formación.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.