RGPD - Cookies
Vigo al día

Aberto o procedemento para a adxudicación de 12 vivendas protexidas no Casco Vello

O Instituto Galego da Vivenda e Solo iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación de 12 vivendas protexidas de promoción privada, rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo, no que poderán participar todos aqueles que a día de hoxe estean inscritos ou teñan presentado solicitude de inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda, no réxime de vivenda concertada e acceso en compra.

Os interesados que cumpran o requisito anterior dispoñen de quince días hábiles para solicitar a súa inclusión no procedemento de adxudicación, para o que poden atopar o modelo de solicitude premendo aquí. O prazo remata o 18 de xullo.

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes de inclusión no sorteo e tramitadas as mesmas. A lista provisional de admitidos ao mesmo publicarase o seis de agosto, abríndose un prazo de sete días hábiles (ata o 14 de agosto) para reclamacións á mesma. A lista definitiva publicarase o 27 de agosto e o sorteo das vivendas realizárase o 17 de setembro.

 

También te puede interesar