Galicia

A Xunta non desbota accións legais contra Almunia se non rectifica na súa decisión sobre o tax-lease

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (UE) subliñou este luns na necesidade de que o comisario europeo da Competencia, Joaquín Almunia, «reconduca a súa proposta sobre a devolución de axudas do ‘tax lease’” e adiantou que, se isto non é así o Goberno galego «se reserva a posibilidade de emprender accións dende o punto de vista xurídico e político».

Nunha entrevista concedida á Radio Galega, Jesús Gamallo sinalou que hai a posibilidade de acudir ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (UE), se ben, preguntado por se a Xunta estaría disposta a levar ante este ao comisario Almunia, matizou que “hai que esperar a que se pronuncie o colexio de comisarios e analizar a situación».

«Non podo contestar de forma clara, non coñecemos aínda a decisión do colexio de comisarios nin a fundamentación da proposta; cando coñezamos estas medidas tomaremos as decisións que consideremos oportunas. Hai un ámbito xurídico e un ámbito político que analizar. Avaliaremos os dous», manifestou Gamallo.

En calquera caso, advertiu de que o comisario europeo da Competencia non pode afirmar que «fai devolver as axudas porque o marcha o dereito europeo». Ao respecto, esgrimiu que este é «interpretable» e está «para axudar aos europeos, non para desmantelar un sector e aumentar o paro en España”.

Gamallo tamén criticou que Almunia afirmase que os estaleiros non terán que devolver as axudas, senón os armadores, as navieiras e os investidores, “iso non o cre ninguén; non haberá carga de traballo e quen van a pagar son os estaleiros».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.