RGPD - Cookies

En Galicia estímase que entre un 25 e un 30% da poboación infantil ten sobrepeso, mentres que entre un 12 e un 16% padece obesidade. Esta tendencia na prevalecia destas patoloxías entre os máis pequenos aumentou de forma continua nas tres últimas décadas en España.

Para «orientar a poboación infantil e xuvenil e as súas familias cara a patróns de conduta saudables e previr a obesidade infantil» a Consellería de Sanidade puxo en marcha o Plan Xermola, que foi presentado este sábado en rolda de prensa pola Directora Xeral de Innovación e Xestión dá Saude Pública e o Subdirector Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables.

Na súa intervención, Sonia Martínez explicou que o exceso de peso é hoxe o terceiro factor de risco para todas as causas de morte e minusvalidez, despois do tabaco e a hipertensión arterial. Constitúe, ademais, un factor de risco para o desenvolvemento doutras enfermidades crónicas.

Ademáis, subliñou que o 44% dos casos mundiais da diabete, o 23% de cardiopatía isquémica e entre o 7 e 41 %  de determinados cancros se atribúen ao sobrepeso e á obesidade, polo que, hoxe en día, e dada a súa prevalencia, constitúe un problema de saúde pública de alcance mundial.

Ante esta situación, a directora xeral explicou que Sanidade puxo en marcha un plan para a prevención da obesidade infantil, o Plan Xermola, «para «frear este problema e mellorar o patrón alimenticio e de actividade física como determinantes da obesidade». Para iso, o plan prevé estudar a prevalencia da obesidade na poboación escolar de seis a 16 anos de Galicia, analizar o seu patrón alimentario e obter un protocolo de actuación en cada un dos ámbitos de intervención.

 

También te puede interesar