Vigo al minuto

O Naval sae a rúa en Vigo en defensa dun sector que esmorece

Cabeceira da manifestación do Naval, este xoves pola tarde, en Vigo/Tresyuno Comunicación

Centos de personas, entre elas o alcalde e parte dos concelleiros do seu goberno, acudiron este xoves pola tarde á manifestación en defensa do Naval convocada pola CIG, Comisiones Obreras e Unión General de Trabajadores. A manifestación, que saiu pasadas as 8 e media do cruzamento de Urzáiz con Vía Norte, coincide coas declaracións do comisario da Competencia e vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia, de que, finalmente, haberá que devolver al axudas do antigo ‘tax-lease’ do que se beneficou o sector – e que foron aprobadas pola propia Unión Europea – dende 2005.

Entre berros de ‘Europa escoita o Naval está en loita!’,’A culpa de quen é do PSOE e do PP!’, ‘Onde están non se ven os barquiños do PP’ e ‘lembranzas’ para Almunia, os manifestantes, detrás dunha pancarta na que podía lerse ‘Polo futuro industrial de Vigo. Defendamos o Naval’, seguiron por Urzaíz e Colón para rematar diante da Delegación da Xunta en Vigo.

As centrais, que xa advertiron que van a ‘endurecer’ as súas mobilizacións esixen á UE  que non obrigue a devolver as axudas concedidas ao abeiro do tax lease e alertaron de que cada día que pasa é un paso atrás na recuperación dun sector fundamental para a comarca.

Os sindicatos calificaron de imprescindíbel que a sociedade viguesa dea unha resposta contundente a esta situación e rexeite na rúa “campañas propagandísticas como as de Pemex”. Nesta liña, o secrtario comarcal da CIG salientou que en épocas menos duras se convocaron tres folgas, “non entendemos porqué a estas alturas aínda non se convocou ningunha”.

De novo, os responsables sindicais subliñaron que “nos atopamos na prórroga para a resolución da retroactividade do tax lease”e amosaron a súa indignación polas declaración de Almunia que reflicten o que asegura a filtración do borrador que adianta que haberá que devolver boa parte das axudas concedidas ao amparo deste sistema de bonificación fiscal. As mesmas, algo no que coinciden coa patronal do sector, superarán, so en Galicia, os 1.800 millóns de euros, algo que, repetiron, “pon ao sector no camino da desaparición”.

 

También te puede interesar