RGPD - Cookies
Galicia

AGE demandará penalmente a Fernández Ordoñez, Currás e Almunia por non comparecer na Comisión das Caixas

Miguel Ángel Fernández Ordóñez, ex gobernador do Banco de España

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) anunciou este xoves que interporá unha «denuncia penal contra os incomparecentes na comisión de investigación das caixas”: a ex conselleira Marta Fernández Currás, o ex gobernador do Banco de España Miguel Ángel Fernández Ordóñez e o comisario da Competencia e vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia.

Avanzárono o voceiro parlamentario de AGE, Xosé Manuel Beiras, e a vicevoceira, Yolanda Díaz, nunha rolda de prensa na que precisaron que a intención é que estea lista a próxima semana.

Así mesmo, Beiras rexistrou diversas iniciativas parlamentarias para pedir á Comisión de investigación e á Presidencia da Cámara que emprendan tamén as súas accións para «apercibir as responsabilidades penais aos incomparecentes».

Beiras considera “moi grave” que Miguel Ángel Ordóñez, Currás e Almunia «se neguen a comparecer», e Yolanda Díaz, subliñou que a lexislación estatal é moi di é obligatoria a comparecencia daqueles que sexan citados a unha comisión de investigación, “a trampa está en que esa é unha norma estatal e autonómica, é unha bulra, polo cal esiximos ao señor Santalices e á presidenta do Parlamento que advirtan das responsabilidades penais nas que incorren aqueles que se neguen a comparecer”.

 

También te puede interesar