RGPD - Cookies
Galicia

O Goberno afirma que ‘Resistencia Galega’ «é unha organización terrorista»

O secretario de Estado de Seguridade declarou este martes que o grupo denominado Resistencia Galega é unha organización terrorista, ao tempo que manifestou que espera que así o entenda a Audiencia Nacional e impoña aos acusados de pertencer ao grupo as penas que lles corresponda.

«Hai suficiente experiencia en España despois de moitos anos en saber a qué se dedican unhas persoas que poñen bombas como para intentar a isto cualificalo doutro xeito. Vivimos moitos anos moi tristes de violencia e terrorismo como para facernos nós mesmo trampas ao solitario», comentou Francisco Martínez a preguntas dos xornalistas na rolda de prensa na que presentou a campaña ‘A Miña casa a salvo’.

Para Martínez, “trátase dunha organización terrorista” xa que ten «obxectivos división de tarefas comandos» e usa artefactos explosivos. «Non estamos ante feitos illados senón ante accións delituosas grupales, non estamos ante nada que se poida cualificar doutra forma que de organización terrorista».

O secretario conluiu sublimando que isto é terrorismo e polo tanto merece a reacción penal que merece sempre o terrorismo, e por suposto, a máis absoluta e firme condena dende as instancias políticas. Non se me ocorre outra forma de entendelo».

 

También te puede interesar