Deportes

Galicia perde ante Castela- A Mancha no Campionato Cadete de Balonmán e se xogará as opcións fronte a Aragón

A selección galega cadete masculina caeu derrotada fronte a Castela a Mancha nun emocionante partido, que tivo controlado durante boa parte da segunda metade e que se lle escapou nos instantes finais (33-34). Con este resultado, Galicia terá que gañar o partido deste mércores fronte a Aragón (10:00 horas) para lograr a clasificación como terceiro de grupo para os cuartos de final do Campionato de España Cadete que se está a disputar estes días en Zamora.

Castela a Mancha e Galicia sabían o importante que era gañar este choque e así na primeira metade o xogo estivo moi igualado, con alternativas no marcador para ambos conxuntos. Galicia marchou ao descanso un gol abaixo, pero con todas as opción de loitar polo triunfo (16-17). Tralo descanso, o conxunto galego saíu moi concentrado e logrou abrir un pequeno oco de tres tantos (23-20, min. 8) que estivo a punto de converterse en catro cun lanzamento de sete metros a favor dos galegos. Pero Galicia fallou e Castela a Mancha logrou volver a achegarse (24-23, min. 12). Así ata o minuto 23 no que Castela a Mancha logrou empatar e posteriormente poñerse por diante (30-31, min. 24). E regresaron os nervios que atenazaron aos galegos na primeira xornada, con graves erros en ataque que permitiu ao rival tomar una lixeira vantaxe (min. 28, 31-34).

Cadete feminino

Na categoría feminina, Galicia cumpriu hoxe co trámite de eliminar a Melilla para xogarse mañá (16:00 horas) o pase aos cuartos de final do Campionato de España Cadete fronte a Cataluña. O partido de hoxe era un simple trámite, pero a selección galega non se limitou a gañar: Apostou por facelo aplicando una fortísima defensa, xa que quería que este adestramento fose unha proba de cara ao encontro de mañá fronte a Cataluña.

Desta forma, as rapazas dirixidas por Javier Castro ensaiaron moitas das cousas que terán que probar mañá nesa final anticipada e deixaron a Melilla nuns números decepcionantes. Ao descanso, Galicia mandaba por máis de 20 goles e só encaixara tres tantos (24-3) e ao remate do choque o resultado era escandaloso (53-5). Entre as goleadoras galegas hai que destacar a Paula Quintana (8 tantos), Paula Amorín (7) e Gemma Martínez (7).

 

También te puede interesar