RGPD - Cookies
Galicia

Os traballadores de ‘La Voz de Galicia’ convocan unha folga para o día 10 de xullo

A Asamblea de traballadores de ‘La Voz de Galicia’ reunida este domingo na Coruña aprobou un calendario de accións que inclúe a convocatoria dunha folga para o día 10 de xullo. Segundo os sindicatos, «esta é a única vía que queda para que a empresa se decida a negociar de boa fe dunha vez por todas e abandone o camiño dos feitos consumados».

Como informa galiciaconfidencial, esta é a consecuencia do feito de que a empresa editora do diario decidise denunciar o convenio que pactara cos traballadores, e iso que o Comité de Empresa amosouse disposto recurtar salarios a cambio de salvar postos de traballo, pero entenden que a empresa non ofrece garantías de mantemento do emprego, polo cal non ve posible o acordo sen non se cumpre este obxectivo que os empregados sinalan é innegociable.

 

También te puede interesar