Galicia

NGB deberá aboar a un cliente preto de 12.000 € logo de que o xuiz apreciase a nulidade dunha clausula chan

O titular do Xulgado do Mercantil número 1 de Bilbao declarou a nulidade dunha cláusula chan, con carácter retroactivo, e condenou á entidade financeira, Novagalicia Banco, a aboar ao seu cliente un total de 11.973 € «indebidamente satisfeitos ata febreiro de 2013”, por considerar que lle impediu beneficiarse da baixada de tipos do 3,25%.

O banco “deberá reintegrar o demandante as cantidades indebidamente satisfeitas» como consecuencia da cláusula, «cos intereses dende a data de interposición da demanda ata a súa sentenza”. Ademais, debido á íntegra interposición da demanda, a entidade deberá facerse cargo das costas procesais.

Segundo recolle a sentenza, coñecida este luns, o contrato de empréstito, subscrito en 1996, acordou un interese variable con chan do 3,25% e teito do 9,75%. Os demandantes, esixiron a nulidade da cláusula chan incluída no contrato e reclamaron, NGB opúxose nun principio, se ben, na audiencia previa admitiu a primeira das pretensións, aínda que precisa que non aplicará a cláusula chan dende a data en que o Tribunal Supremo declarou a súa nulidade, o 9 de maio de 2013.

Na súa resolución, o xuiz considera que a recente sentenza do alto Tribunal limita a falta de retroactividade a ese caso concreto, pero non impide que se poida apreciar a nulidade noutros casos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.