Galicia

Milleiros de Afectados polas Preferentes, nunha xornada reivindicativa en Compostela

Milleiros de Afectados pola compra de Preferentes de toda Galicia realizan este sábado unha xornada reivindicativa en Santiago de Compostela que arrancou cunha concentración na Praza do Obradoiro, baixo o lema ‘O Goberno do PP rouba aos aforradores para rescatar á banca’, na que volven a esixir que “nos devolvan todos os nosos cartos”.

A reivindicación desenvólvese un día despois da declaración no Parlamento de Galicia dos máximos responsables das extintas caixas galegas de Caixanova e Caixa Galicia, Julio Fernández Gayoso e José Luis Méndez. Sobre estas explicacións, voceiros das plataformas de afectados aseguraron que “limitáronse a mentir, a sabendas e con premeditación, porque foron co papel ben aprendido e estudiado durante semanas”, de xeito que, subliñaron os afectados, “cumpriron co papel de decir que non sabían nada e que non decidían nada maila a ser os máximos mandatarios das dúas entidades durante décadas”.

As plataformas, ante”o roubo consumado da quita”, recomendan acudir á vía xudicial aos aforradores para que recuperen “o máximo posible dos seus cartos”.  Ao mesmo tempo esixiron que siga a arbitraxe, e denunciaron que a velocidade coa que se imponen as quitas “é unha orde do Goberno e, por iso, aconsellaron aos afectados que “non asinen papel ningún, ou vanlles roubar de novo”.

Na súa opinión “Novagalicia, a Xunta e o Goberno están a poñernos entre a espada e a parede ao decirnos que aceptemos estas quitas, que daranos liquidez e que mellor algo que nada, e iso é unha canallada”. Proba delo, afirmaron é que saben que hai lugares, coma no Salnés, onde “máis da metade dos aforradores non foron chamados á arbitraxe, e a Xunta o sabe e por iso ten que obrigar a Novagalicia Banco a seguir adiante con este proceso”.

 

También te puede interesar