Galicia

Operativo especial para atender aos Afectados polas Preferentes nas sete grandes cidades

O Instituto Galego de Consumo (IGC) ven de activar un novo operativo especial para reforzar a atención aos afectados por unha mala comercialización de preferentes e subordinadas.

40 persoas reforzan desde hoxe as oficinas do IGC nas sete grandes cidades galegas centrándose de maneira exclusiva na axilización dos trámites da arbitraxe, na achega de información sobre as posibilidades da vía xudicial, así como na resolución de dúbidas sobre os procesos de canxe, quita ou liquidez.

O operativo facilitará información, en horario de mañá e tarde –de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas-, sobre as posibilidades da vía xudicial, que permitirá atender as demandas dos que foron vítimas dunha mala comercialización e non se están a beneficiar da arbitraxe. Para iso refórzase a atención aos afectados informándoselles sobre o o procedemento xudicial a seguir e as opcións de xustiza gratuíta nos supostos que contempla a lei.

Ademais, estase a facilitar información sobre os Servizos de Orientación Gratuíta dos sete colexios de avogados de Galicia coa fin de que os afectados poidan complementar toda a información recibida.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.