RGPD - Cookies
Galicia

A norma que prohibe o arrastre en augas profundas deixaría a Galicia sen más de 2.500 empregos

O secretario xeral do Mar reclamou este luns á Comisión Europea que garanta a continuidade da pesca en augas profundas e advertiu que, se se aplica a proposta de normativa que presentou en xullo para prohibir de xeito gradual a penca de arrastre de fondo e as redes de enmalle para especies de augas profundas no Atlántico nororiental, podería traducirse en 80 millóns de euros de perdas directas para o sector galego e ameazar uns 2.500 empregos na comunidade.

«Esta proposta que a Comisión nos propón pode ser positiva en termos ambientais, pero é unha ameaza en termos económicos e sociais para Galicia», salientou  Juan Maneiro no Parlamento Europeo, en rolda de prensa conxunta co presidente do Consello Rexional de Bretaña, Pierrick Massiot, para advertir de que a desaparición da pesca en augas profundas «podería desestabilizar toda a economía rexional» destes territorios.

Maneiro insistiu en que a normativa, no caso de Galicia, limitará a actividade diaria de «máis de 300 buques que a día de hoxe xa están ao límite da sostenibilidade .Coa aplicación do novo regulamento tal e como se propón non serían competitivos», afirmou.

O secretario xeral do Mar precisou que a normativa afectaría a máis de 160 rastreiros que faenan en augas internacionais, Gran Sol e no litoral cantábrico e case 140 buques que faenan con artes de enmalle na custo litoral cantábrica, dos cáles 100 son da flota costeira artesanal que faenan con artes de enmalle, así como máis de dez buques que faenan baixo outras bandeiras comunitarias pero de capital totalmente galego.

 

También te puede interesar