Galicia

A Xunta abre este luns o prazo para solicitar as axudas para a compra de libros de texto

A Consellería de Educación abre este luns, e ata o 3 de xullo, o prazo para que o alumnado de Primaria e Educación Especial poida solicitar as axudas do programa de ‘gratuidade solidaria’ para a adquisición de libros de texto.

O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a nova convocatoria para libros e material escolar á que poderán acollerse todos os cursos de ensino obrigatorio, cun primeiro prazo para Infantil e Educación Especial. O alumnado poderá formalizar o seu matricula dende o 25 de xuño en prazo ordinario e do 2 de setembro ao 2 de outubro en período extraordinario.

Segundo Educación, este ano “mantéñense as contías das axudas” e os requisitos de renda per cápita familiar, tomando referencia o ano 2011. Esta enténdese como os rendementos minorados nas cotas da seguridade social e outros conceptos deducibles.

O departamento autonómico calcula que “sete de cada dez familias resultarán beneficiadas”, e destaca que os alumnos beneficiarios de educación especial ou os que presenten algunha minusvalidez superior ou igual ao 65% recibirán 250 € independentemente da súa renda.

En Primaria, recibirán 170 euros as familias monoparentais cunha renda per capita familiar de ata 6.000 € e 90 as que atopen entre 6.000,01 e 9.000 €. O resto de familias recibirán 170 se perciben ata 5.400 €, ou 90 se se sitúan entre os 5.400,01 e os 9.000.

Por outro lado, en Educación Secundaria, recibirán 180 € as familias monoparentais de ata 6.000 €, e 104 as que se atopen entre os 6.000,01 e os 9.000. No resto de familias, a axuda será de 180 € se perciben ata 5.400 € e de 104 € se o cálculo se atopa entre os 5.400,01 e ata os 9.000 €.

Aquelas que cumpran os requisitos entregaráselles un vale nos seus respectivos centros educativos para adquirir os libros.

 

También te puede interesar