Galicia

A Xunta abre este luns o prazo para solicitar as axudas para a compra de libros de texto

A Consellería de Educación abre este luns, e ata o 3 de xullo, o prazo para que o alumnado de Primaria e Educación Especial poida solicitar as axudas do programa de ‘gratuidade solidaria’ para a adquisición de libros de texto.

O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a nova convocatoria para libros e material escolar á que poderán acollerse todos os cursos de ensino obrigatorio, cun primeiro prazo para Infantil e Educación Especial. O alumnado poderá formalizar o seu matricula dende o 25 de xuño en prazo ordinario e do 2 de setembro ao 2 de outubro en período extraordinario.

Segundo Educación, este ano «mantéñense as contías das axudas» e os requisitos de renda per cápita familiar, tomando referencia o ano 2011. Esta enténdese como os rendementos minorados nas cotas da seguridade social e outros conceptos deducibles.

O departamento autonómico calcula que «sete de cada dez familias resultarán beneficiadas», e destaca que os alumnos beneficiarios de educación especial ou os que presenten algunha minusvalidez superior ou igual ao 65% recibirán 250 € independentemente da súa renda.

En Primaria, recibirán 170 euros as familias monoparentais cunha renda per capita familiar de ata 6.000 € e 90 as que atopen entre 6.000,01 e 9.000 €. O resto de familias recibirán 170 se perciben ata 5.400 €, ou 90 se se sitúan entre os 5.400,01 e os 9.000.

Por outro lado, en Educación Secundaria, recibirán 180 € as familias monoparentais de ata 6.000 €, e 104 as que se atopen entre os 6.000,01 e os 9.000. No resto de familias, a axuda será de 180 € se perciben ata 5.400 € e de 104 € se o cálculo se atopa entre os 5.400,01 e ata os 9.000 €.

Aquelas que cumpran os requisitos entregaráselles un vale nos seus respectivos centros educativos para adquirir os libros.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.